Pandeirada
Andres Do Barro
Hoxe na vila temos a feira
Tódolos mozos buscan compañeira
Veñen facendo á súa maneira
Baila rapaza que ti eres solteira
Brazos o vento, meu pensamento
É que non deixes de pandeirar
Pasas o tempo non teño diñeiro
Todo deixeino bebendo ribeiro
Vai ter que ser que mo deixe o tendeiro
Hoxe só quero escoitar o pandeiro
Miña rapaza, está namorada
Moza non deixes de pandeirar
Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés
Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés
Inda ven xente polo camiño
Vanse sumando a bailar cos veciños
As rapaciñas levan o viño
Vanlle ofrecendo o seu son ós veciños
Brazos ó vento, meu pensamento
É que non deixes de pandeirar
Fuxen do mundo as miñas peniñas
Cando se move miña rapaciña
E o amoriño que ela me tiña
Vaise facendo como a vida miña
Miña rapaza, está namorada
Moza non deixes de pandeirar
Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés
Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés
O tren vai andando pasiño a pasiño
(E comecemos la pandeirada)
(Continua Paxina Seguinte)
Pra San Antón xa temos camiño
(E comecemos a pandeirada)
E que xeitoso foise o corpiño
(E comecemos a pandeirada)
Seica tamén bailaba o neniño
(Escomecemos a pandeirada)
A pandeirada, a pandeirada
A pandeirada, a pandeira
Pra que non sofras mais de soidade
(Escomecemos a pandeirada)
Pra que non teñas máis de saudade
(Escomecemos a pandeirada)
A pandeirada, a pandeirada
A pandeirada, a pandeira
Hoxe na vila temos a feira
Tódolos mozos buscan compañeira
Veñen facendo á súa maneira
Baila rapaza que ti eres solteira
Brazos ó vento, meu pensamento
É que non deixes de panteirar
Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés
E que vai, e vén, e vén e baila do revés