Sementeira
Fuxan Os Ventos
Sementar sementarei
Loguiño de crarear
En tanto no pobo medre
Un meniño, un vello e un cantar
Un meniño rebuldeiro
Que fale na lingua nai
Que suba aos pexegueiros
A froita verde a roubar
Sementar sementarei
Un vello que dé consellos
Un rostro de fume e pan
Que conte contos ós nenos
Do cuco e do paspallás
Sementar sementarei
Un cantar de redención
Un vello e novo cantar
Que troque a desolación
Nun limpo e craro alborear
Sementar sementarei
Logo, deixáime morrer
Entre dous regos queimados
Cando veñan os solpores
Dos homes esfamiados