Adios Rios, Adios Fontes
Los Tamara
Adiós, ríos; adios, fontes;
Adios, regatos pequenos;
Adios, vista dos meus ollos:
Non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
Terra donde me eu criei,
Hortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantei,
Prados, ríos, arboredas,
Pinares que move o vento,
Paxariños piadores,
Casiña do meu contento,
Muíño dos castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras,
Da igrexiña do lugar,
Amoriñas das silveiras
Que eu lle daba ó meu amor,
Camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡adios groria! ¡adios contento!
¡deixo a casa onde nacín,
Deixo a aldea que conozo
Por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
Deixo a veiga polo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera non deixar!...
¡adios tamén, queridiña!...
¡adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
Desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
Si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡miña casiña!,¡meu lar!
Tantas légoas mar adentro...
¡miña casiña!,¡meu lar!