María Soliña

Los Tamara Los Tamara

Polos camiños de Cangas
A voz do vento xemía:
Ai, que soliña quedaches,
María, María, Soliña.

Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedaches,
María, María, Soliña.

As ondas do mar de Cangas
Acedos ecos traguían:

Ai, que soliña quedaches,
María, María, Soliña.

As gueivotas sobre Cangas
Sonos de medo tecían:
Ai, que soliña quedaches,
María, María, Soliña.

Baixo os tellados de Cangas
Anda un terror de auga fría:

Ai, que soliña quedaches,
María, María, Soliña.
Ai, que soliña quedaches,
María, María, Soliña.

Lalala. lalala,lalala...

  1. A Santiago Voi
  2. A Canzón De Un Mariñeiro
  3. A Meiga
  4. Galicia Terra Nosa
  5. Airiños, Airiños, Aires
  6. Adios Rios, Adios Fontes
  7. Mi Tierra Gallega
  8. Unha Noite Na Eira do Trigo
  9. Monólogo do Vello Traballador
  10. O Vello e o Sapo
View all Los Tamara songs

Most popular topics in Los Tamara songs

Related artists

  1. Edith Whiskers
    Edith Whiskers
  2. Abel Pintos
    Abel Pintos
  3. Cami
    Cami
  4. Cat Stevens
    Cat Stevens
  5. Leonard Cohen
    Leonard Cohen
  6. Al Bano and Romina Power
    Al Bano and Romina Power
  7. Johnny Cash
    Johnny Cash
  8. Ana Kiro
    Ana Kiro