Co Xenio Destrozado

Sés Sés

Parece que isto está moi morto
Que non habita en min ninguén
Que me mirou de lado un torto
Que superei os límites
Que mañá non o hei ver distinto
Nin direi outra vez será
Que nin che importa nin che minto
E se me mintes éme igual.
Unha vez quixen sen motivos
Sen a menor das condicións
Coa independencia dos esquivos
E a lealdade das lexións
Supediteime e soltei lastre
E vinme a cen metros de min
E superei aquel desastre
Pero ante todo comprendín.

Que eu nin podo nin quero nin debo
Volverme fiar
Da cultura da media verdade, da estafa
Legal.

Que eu xa corto e deserto e me aparto de
Toda moral
Que aprendín moito máis cuestionando o
Saber popular.

E xa virán tempos mellores
Que non choviu sen escampar
E só tes risas se tes dores
E non hai loita que librar
Que sempre houbo ricos e pobres
E as pulgas a can fraco van
Que a moito ruído, poucas noces
E onde hai fume o lume está.

E hai que gardar sempre das risas
Que non se mama sen chorar
Que non se pode estar na misa
E ir para fóra repicar
Que o tolo vai onde van todos
Vicente vai no pack tamén
E sempre andamos un por outro
E a puta casa sen varrer.

Que as nenas xogan con bonecas
E os rapaciños con balón
E a min sacábamas da caixa
O meu veciño juan ramón
Que o ateísmo é satanismo
Porque algo máis terá que haber
E viva o individualismo
E o santo cu de cada quen.
Que os homes son coma o bo viño
Que sempre tende a ir a mellor
E eu coñezo algún pobriño
Que xa onde vai que se picou.
E que se os extremos son malos
E as medias tintas son xeniais
E eu co xenio destrozado
E eles a destrozarmo máis

  1. Co Xenio Destrozado
  2. Canto Aquí, Canto Na Habana
  3. Boto En Falta Unha Ilusión
  4. Concordias de Papel
  5. Tempestades de Sal
View all Sés songs

Most popular topics in Sés songs

Related artists

  1. Gigi Perez
    Gigi Perez
  2. Empire Of The Sun
    Empire Of The Sun
  3. Bleachers
    Bleachers
  4. Carla Morrison
    Carla Morrison
  5. AURORA
    AURORA
  6. Cocteau Twins
    Cocteau Twins
  7. León Larregui
    León Larregui
  8. Kevin Kaarl
    Kevin Kaarl