Eu En Ti
Suso Vaamonde
Eu xa te busquei,
Cando o mundo era unha pedra intacta,
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
Eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei,
No comenzo dos mares e das chairas,
Cando deus procuraba compañia,
Eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei,
Cando soio a voz do vento soaba,
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
Eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei,
Cando o amor era unha folla branca,
Cando a lúa namoraba ós altos cumes,
Eu xa te namoraba.
Eu xa te busquei,
Cando o mundo era unha pedra intacta,
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
Eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei,
No comenzo dos mares e das chairas,
Cando deus procuraba compañia,
Eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei,
Cando soio a voz do vento soaba,
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
Eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei,
Cando o amor era unha folla branca,
Cando a lúa namoraba ós altos cumes,
Eu xa te namoraba.
Sempre dende a neve dos tempos,
Eu na túa (i)alma.
Sempre dende a neve dos tempos,
Eu na túa (i)alma.