O Cuco
Suso Vaamonde
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón
Oise pola carballeira
Ó vello cuco souril
Ó nacer a primaveira
Antre o marzo i o abril.
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
¡o vello cuco cucou
E moito máis cucará!
¡o cuco non me capou
E nunca me capará!
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
Polas mañás ben cediño
O cuco canta: cu- cu.
¡como o teño por veciño
Eu trato o cuco de tu!
Caracol, col, col
Caracol, caracoleiro
¡pos os teus cornos ó sol
Xa que eres tan frioleiro!
O lombo levas a casa,
Caracol, caracoleiro:
¡e deixas cintas de seda
Engalanando ó carreiro!
Caracol, col, col
Caracol, caracoleiro
¡pon ós teus cornos ó sol
Xa que eres tan frioleiro!
Caracol, col, col
Caracol, caracolón
Pon os teus cornos o sol
O sol os teus cornos pon!
Arre, ¡corre,
Meu burro trotón,
Meu burriño manso,
Meu burriño bon!
- ¡corre meu burriño;
Non gallopes, voa!
¡a ver si lle ganas
O vento que zoa!
- ¡arre meu burriño!
Non seas perguiceiro!
¡a ver si lle ganas
O vento lixeiro...!
- ¡corre meu burriño,
Nos cascos pon ás!
¡si queres, ó vento
Deixarás atrás...!
- ¡arre, meu burriño!
¡corre mais deprisa!
¡que si perde o vento
Xa verás que risa...!