Figa
Tanxugueiras
Nunca cuspas cara arriba
Que todo tende a caer
Para falar faltas doutros
Ningunha en ti ha de haber
Marmuras sempre de min
Marmuras de min e doutros
No inferno tes unha cama
Para te deitar un pouco
Atende do teu primeiro
Que nunca se perde ninguén
Pérdese por marmurar
Da vida de cada quen
Pérdese por marmurar
Da vida de cada quen
Atende do teu primeiro
O dos demais non é teu
(O dos demais non é teu)
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
(O dos demais non é teu)
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Anque de min digan, digan
Anque de min digan ben
Anque de min digan, digan
Eu non digo de ninguén
Anque de min digan, digan (marmurar de min e doutros)
Anque de min digan ben
Anque de min digan, dighan
Eu non digo de ninguén
Non teñas tanta amargura
Nun corpiño tan pequeno
Vaiche vaiche podrecendo
Ata acabar falmaguento
Vaite de aí, rexoubeiro
Rexoubar á túa casa
Se na miña casa hai fume
Na túa queima que abrasa
Atende do teu primeiro
Que nunca se perde ninguén
Pérdese por marmurar
Da vida de cada quen
Pérdese por marmurar
Da vida de cada quen
Atende do teu primeiro
O dos demais non é teu
(O dos demais non é teu)
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Anque de min digan, digan
Anque de min digan ben
Anque de min digan, digan
Eu non digo de ninguén
Anque de min digan, digan
Anque de min digan ben
Anque de min digan, digan
Eu non digo de ninguén