Mariló La Cubana

Xandre Millet Xandre Millet

No medio da noite
Nun barco a vapor
Camiño da habana
Iba mariló
Cheíña de frío
Nada pra comer
O pouco que tiña
Dáballo a xavier
Come meu filliño
Hoxe que si temos
Maña é o outro día
Teremos ou non

Chegaron ao porto
Sen nada nos pes
Nada pra gañar
Tanto por perder
Señora María
Su marido púes
Soy madre soltera
Venjo de otras tierras
Mi único hombre
Es mi hijo xavier

Ela ali deixou
As uñas na terra
As gochas no sacho
E a vida nela
Era unha muller
Era unha muller solteira
Era unha emigrante

Traballando arreo
Semanas enteiras
Xavier xa comía
Tres veces o día
Podía ir a escola
Contenta ela estaba
Cando polas noites
A él lle redactaba
As súas cartiñas
Pra mandarlle aos pais
De esa outra terriña

Cos duros aforros
Mercou unha casa
Doulle estudio o fillo
Ainda lle sobraba
Pra mandar a terra
Que un día deixou

Aquí lle chamaban
María a cubana
Ali lle decian
Lola la gallega
Era unha muller
Era unha muller solteira
Era unha emigrante

Os anos corrían
E unhas novas xentes
Unha nova fala
Unha nova vida
Pasaba as tardes
Ca sua netiña
Abuela lolita
De donde tú eres
Eu son dunha terra
Onde o vento fala
Onde as ondas bailan
E os paxaros cantan

Querida netiña
Vaite a esa terra
Dille que a cubana
En Cuba quedou
Era unha muller
Era unha muller, solteira
Era unha emigrante

Que en Cuba durmeu

  1. Mariló La Cubana
View all Xandre Millet songs

Most popular topics in Xandre Millet songs

Related artists

  1. Eros Ramazzotti
    Eros Ramazzotti
  2. Alex Ubago
    Alex Ubago
  3. RAPHAEL
    RAPHAEL
  4. Ricardo Arjona
    Ricardo Arjona
  5. Julio Iglesias
    Julio Iglesias
  6. Cristian Castro
    Cristian Castro
  7. José Luis Perales
    José Luis Perales
  8. Luis Miguel
    Luis Miguel